O Concello de Ferrol garante, coa nova ordenanza, o aparcamento gratuíto no centro da cidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

O concelleiro de Seguridade e Mobilidade do Concello de Ferrol, Pablo Cal Martínez, detallou hoxe os contidos da nova Ordenanza  de Regulación do Estacionamento (O.R.E), que ten por obxecto compatibilizar a necesaria fluidez do tráfico co uso peonil das rúas e, en concreto, establecer medidas de estacionamento de duración limitada co fin de garantir a rotación dos aparcamentos no barrio da Magdalena. A normativa, que foi entregada ao grupos municipais a semana pasada para que fixeran achegas,  pasou hoxe o ditame da comisión informativa co obxectivo de que a súa aprobación teña lugar no pleno de fin de mes.

O novo regulamento xurde do diálogo que o Concello de Ferrol mantivo coas asociacións de veciños, comerciantes, e empresarios de hostalería da zona centro da cidade. Unhas conversas que tamén contaron coa participación da Policía Municipal e das que en base ao consenso acadado nas mesmas se elaborou a proposta de ordenación do estacionamento que esta mañá iniciou a súa tramitación administración para converterse en ordenanza.  Así, o texto regula as zonas de prioridade peonil, as de carga de descarga de mercadorías,  e as paradas e estacionamentos –divide estes últimos en “azul”, “parking express” e para residentes-.

Tarxeta de residente

A ORE introduce a “tarxeta de residente” para poder estacionar o vehículo nunha das zonas reservadas para residentes será necesario residir no barrio da Magdalena, estar ao corrente no pago do Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica e non ter pendente ou en vía executiva ningunha sanción de circulación no municipio. Outorgarase unha tarxeta por domicilio e haberá que renovala anualmente.

19 de febreiro de 2014 | 17:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.