O Concello de Cedeira incorporou ao parque móbil da Policía Local o primeiro vehículo eléctrico

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeiraLocal Portada
A-
A+
Vehículo eléctrico da Policía Local de Cedeira

Vehículo eléctrico da Policía Local de Cedeira

Dende hai uns días, o Concello conta co seu primeiro vehículo eléctrico nas rúas. Un coche de dúas prazas, autonomía para 110 quilómetros e velocidade máxima de 80 por hora que utilizará a Policía Local para o seu traballo e, especialmente, para realizar patrullas unipersoais polo casco urbano da vila. Segundo explicou o alcalde, Luis Rubido, o Concello aprobou a súa adquisición no marco das axudas do Fondo de Compensación Ambiental, co que o seu custe, estimado nuns 8.000 euros, foi financiado 100% a través destas subvencións.

As súas ventaxas respecto ao turismo convencional son evidentes, tal e como apunta Luis Rubido. Tanto dende o punto de vista económico como medioambiental. En relación ás primeiras, o xefe da Policía Local, Alberto Díaz, apunta que o antigo todoterreo que vén a sustituír este vehículo eléctrico consumía unha media de 400 euros ao mes en combustible, namentras que agora esa factura se estima que se rebaixe ata os 30/40 euros (a razón dun euro diario). Así mesmo, o aforro non vén só pola fonte enerxética utilizada senón tamén pola reducción dos gastos de mantenemento ao non ter aceites nin outros lubricantes, requerir menos filtros, sufrir un escaso desgaste de freos e ausencia de transmisión mecánica.

En canto ás ventaxas medioambientais, o tubo de escape do vehículo eléctrico non emite dióxido de carbono, contribuíndo a reducir o efecto invernadoiro e a contaminación atmosférica e, ao dispor de motores completamente silenciosos, axuda tamén a reducir a contaminación acústica. Alberto Díaz apunta que se trata dun vehículo máis versátil moi adecuado para espazos urbanos, similar á motocicleta pero coa ventaxa de contar con cabina e, por tanto, resultar adecuado para o seu uso durante o inverno. Dispón de sirena, luces reglamentarias e a nova rotulación aprobada pola Xunta de Galicia.

21 de febreiro de 2014 | 13:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.