O Concello de Cangas ultima a programación do Entroido 2014

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

O concelleiro de Cultura José Luís Gestido celebrou este mércores unha xuntanza con representantes das asociación de comerciantes Fecimo, Zona A e Casco Vello para traballar no borrador da programación de actividades para o Entroido 2014. Na reunión os colectivos presentaron as súas propostas para a programación deste ano para complementar as actividades organizadas dende a Concellería de Cultura. Por un lado a asociación de comerciantes Zona A celebrará un entroido veneciano, mentres que a asociación de comerciantes Casco Vello recreará unha aldea gala. Na reunión tamén tomouse a decisión de volver a instalar por segundo ano consecutivo unha carpa nas inmediacións das Naves de Ojea na que haberá un escenario e espazo para locais de hostalería, iniciativa que acadou un notable éxito na pasada edición, co obxectivo de recuperar o entroido de Cangas así como dinamizar e potenciar a actividade da hostalería local durante os días de festa.

Xa está aberto o prazo para solicitar un dos 10 postos de 4×4 metros no recinto que abrirase ao público o 28 de febreiro e permanecerá aberto ata o 5 de marzo. Os interesados deben entregar a correspondente solicitude antes do 20 de febreiro na Casa da Xuventude. Os solicitantes deben achegar a seguinte documentación: a folla de inscrición debidamente cuberta e a fotocopia do documento que acredite o establecemento de hostalería.

En caso de que as solicitudes superen o número de postos, procederase a un sorteo público para adxudicalos procedéndose a devolución da cotas dos locais non admitidos. 

A cota de participación fixada para cada posto na presente edición é de 450 euros, que deberá aboarse no momento de inscrición e na que se inclúe aluguer, seguridade, luz e a instalación de baños químicos.

6 de febreiro de 2014 | 19:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.