O Concello de Cangas solicita a Costas a ampliación do carril bici ata o final da praia de Rodeira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

O Concello de Cangas ven de solicitar á xefatura de Costas a autorización para a ampliación do carril bici que actualmente parte da punta do rompeolas no peirao de Cangas  e bordea o mar ata rematar na metade do areal de Rodeira nas inmediacións das pistas de skate.  

O concelleiro de Praias Jesús Graña afirma que con esta acción preténdese completar o trazado ao longo de todo o paseo de rodeira, levando o carril bici ata o final do areal. Non se descarta que nun furo se poida realizar unha ampliación maior, ata o límete co veciño concello de Moaña, pero hai que esperar a que primeiro se acondicione o camiño peonal.

Entre as actuacións que se realizarán tamén está a mellora e o acondicionamento da subida que vai dende o tramo final do paseo de Rodeira ata a zona de A Garita.

Con isto, o carril bici pasaría a ter case 3 quilómetros de lonxitude que percorren parte  da vila de Cangas bordeando a ría.

21 de febreiro de 2014 | 17:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.