publicidade hoxe

O Concello de Cambados prevé instalar dous parques infantís na parroquia de Castrelo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambados
A-
A+

O Concello ten previsto iniciar este ano as obras para instalar senllos parques infantís na parroquia de Castrelo, un situado na zona do Couto e outro, máis amplo, na zona do Adro, a carón do colexio público e da Igrexa parroquial.

Estes parques contarán con columpios, equipos combinados de tobogán, balancíns, xogos de muelle, casiñas de xogo, tirolinas, carruseis, paneis informativos e valados nas áreas de xogo que o precisen. Ademais estarán adaptados á normativa europea como o resto dos parques ubicados en distintos puntos do municipio.

Estas novas instalacións contarán con superficies amortiguadoras de impactos, ademais de bordillo perimetral e recheo de áridos, que permitirán disfrutar ós nenos en condicións óptimas de esparexamento e seguridade.

O investimento previsto superará os 60.000 euros

27 de febreiro de 2014 | 20:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.