O Concello de Cambados intervirá no Campo da Modia para frear as inundacións

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambados
A-
A+

Operarios do Concello queren acometer canto antes a canalización das augas que se estancan no Campo da Modia, levándoas cara un regato que permitiría drenar as acumulacións que preocupan á veciñanza. Malia que esta canle quizais non sexa a solución definitiva do problema creado, confían en que axude en gran medida a mitigar as inundacións.

Os operarios están agardando o momento oportuno, en canto cesen as choivas, para intervir na zona do Campo da Modia, onde se veñen producindo inundacións durante este longo e complicado periodo invernal.

No Campo da Modia non se actuou antes por causa do mal tempo e, ademáis, por falta de presuposto para afrontar a que se vislumbraba como unha intervención dificultosa e moi gravosa económicamente.

Despois de estudar o problema da zona a fondo, os técnicos entenden que se poden levar a cabo uns traballos menos costosos do previsto inicialmente e, polo tanto, máis factibles para as arcas municipais.

17 de febreiro de 2014 | 14:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.