O Concello de Brión e o club Ribeiras do Tambre colaboran na organización de cursos de piragüismo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBriónDeportes
A-
A+

O club de piragüismo Ribeiras do Tambre (Ames), en colaboración co Concello de Brión, organizan uns cursos de piragüismo para rapaces e rapazas de máis de 8 anos. Uns cursos que terán lugar todos os sábados entre marzo e agosto, en horario de 11:00 a 12:00 horas, nas instalacións de Ponte Ínsua, na parroquia brionesa de Ons.

Para participar non é preciso ter coñecementos previos deste deporte, tan só é obrigatorio saber nadar e encher a correspondente ficha federativa, polo que os participantes terán que abonar unha cota de inscrición de 17 euros (no caso dos nacidos en 1996-1997) e de 12 euros (para o resto de alumnos). O club de piragüismo Ribeiras do Tambre organizará aos participantes por categorías de acordo coas súas idades: júnior (1996-1997), cadete (1998-1999), infantil A (2000), infantil B (2001), alevín A (2002), alevín B (2003) e Benxamín (a partir de 2004).

Estes cursos de piragüismo son froito dun convenio de colaboración asinado polo Concello de Brión e o club de piragüismo Ribeiras do Tambre. Os veciños e veciñas que estean interesados en participar deberán anotarse na Casa da Cultura de Brión ou no teléfono 981 50 99 08.

18 de febreiro de 2014 | 17:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.