publicidade hoxe

O Concello de Boborás reinicia as clases de informática

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoborás
A-
A+

O Concello de Boborás reinicia,  o vindeiro 10 de febreiro, as actividades nas aulas CeMIT municipais, logo da sinatura dun Convenio entre a FEGAMP e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ( Amtega).

 As accións formativas, desenvolveranse coma en anos anteriores nas aulas existentes nos lugares de Moldes, Brués, Cameixa e Feás, sendo a Aula CeMIT ubicada na pranta baixa da Casa Consistorial sita en Boborás,  aula de referencia, a cal ten sido en datas recentes reformada e mellorada en colaboración coa propia Amtega.

O perfil dos usuarios das aulas CeMIT, son persoas interesadas no uso da informática, tanto en ordenadores como en dispositivos móbiles, sen coñecementos previos na materia e movidos pola curiosidade das novas tecnoloxías.

Ademais durante este ano, o Concello de Boborás ten previsto ampliar a rede de aulas CeMIT, ás parroquias de Albarellos, O Regueiro e Xendive, logo da adquisición de novos equipos e conexións de internet para os respectivos centros.

7 de febreiro de 2014 | 16:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.