O Concello de Ames solicitou unha subvención á Deputación para acometer o acondicionamento do Pavillón do Milladoiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaAmes
A-
A+

O Concello de Ames solicitoulle no mes de decembro á Deputación da Coruña unha subvención para levar a cabo traballos de mantemento e reparación no Pavillón do Milladoiro. Esta axuda enmarcase na convocatoria do programa de subvencións a concellos para realizar investimentos deportivos. Estas obras teñen como obxectivo dar solución aos problemas de humidades que presenta a instalación deportiva e que se filtran especialmente por dúas zonas: a cuberta e a fachada sur, moi castigada polos temporais. A filtración de humidade a través desta fachada está provocando a entrada de auga e afectando á sala interior polivalente situada na planta baixa do pavillón, na que se realizan actividades.

O proxecto presentado á Deputación, que conta cun orzamento superior aos 27.317 euros, ten por finalidade corrixir estas incidencias. Deste xeito, na fachada sur proxéctase substituír a chapa metálica da zona acristalada, mellorando o revestimento da fachada e executando un zocalo que servirá de protección. Ademais, prevese a reparación da cuberta eliminando os puntos faltos de estanquidade. O proxecto tamén inclúe a substitución na sala polivalente do pavimento danado pola entrada de auga, así como as placas do falso teito.

Estas actuacións teñen como obxectivo darlle unha solución aos problemas de humidades que presenta esta infraestrutura deportiva, sobre a que non se fixo unha actuación integral nos últimos dez anos. O Goberno amiense conta cunha planificación de traballos para a mellora e acondicionamento das infraestruturas municipais, solucionando o deterioro xerado en anos nos que se levou a cabo ningunha actuación. O alcalde de Ames, Santiago Amor, recibirá aos usuarios e usuarias desta instalación que así o solicitaron para informalos das actuacións que está previsto levar a cabo.

19 de febreiro de 2014 | 18:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.