O Concello da Lama retira o fito quilométrico substraído no municipio de Avión
A cuadrilla municipal do Concello da Lama procedeu á retirada do fito quilométrico colocado por Enrique Vaqueiro Costal e que foi substraído, segundo el mesmo recoñeceu, do Concello de Avión, posto que supoñía un grave risco para a seguridade vial.
Dende o goberno local sorprenden as manifestacións que esta persoa realizou a través da prensa recoñecendo a substracción como se fose un acto legal e consentido polas autoridades pertinentes cando, moi polo contrario, é un feito denunciado e que continúa o seu curso reglamentario.
O partido socialista provincial e autonómico debería pronunciarse ante estes graves feitos e que son constituíntes de delito e esixir as responsabilidades oportunas a Enrique Vaqueiro, portavoz socialista no Concello da Lama.
Os costes económicos derivados da retirada e traslado do fito quilométrico serán a cargo do responsable dos feitos, que lle serán esixidos oportunamente en canto termine a investigación da Garda Civil e o pase, posterior, á vía xudicial.