O Concello da Guarda proxectará “O Apóstolo” dentro da programación do Entroido
O Apóstolo conta unha escura historia de misterio ambientada no camiño de Santiago, na que se mixtura o suspense, o humor e a fantasía a partes iguais. O protagonista, un preso recén fuxido da cadea, verase envolto nuns estraños e inquedantes sucesos ó tentar recuperar un botín escondido anos atrás nunha apartada aldea desta centenaria ruta. Sinistros anciáns, estrañas desaparicións, un peculiar crego, e ata o mismísimo arcipreste de Santiago conflúen nunha trama chea de misterio e intriga que levará ó protagonista a enfrentarse a unha cadea maior da que xa escapara.
É unha película de animación stop-motion que crea a ilusión de movemento con figuras- e en 3D, e destinada a un público máis amplo.
Dirixido polo compostelano Fernando Cortizo, a largometraxe é ademais novedosa polo seu sistema de rodaxe.
Recibiu numerosos premios nacionales e internacionales, como por exemplo o premio do público no festival de Annecy 2013, considerado o máis importante festival de animación do mundo, Primeiro Festival no Festival Expotoons en Bos Aires, así como o Grand Prix no Festival Cinehorizontes de Marsella. Estes galardóns avalan a calidade dunha película que conta coa interpretación de actores como Jorge Sanz, Geraldine Chaplin, Paul Naschy, Carlos Blanco, Xosé Manuel Oliveira Pico, Luís Tosar, Manuel Manquiña, Celso Bugallo, Isabel Blanco y Pedro Alonso.











