O Concello da Guarda cancelará todas as súas contas en Novagalicia Banco se non se solventan os problemas dos afectados polas preferentes
A Xunta de Portavoces do Concello da Guarda, acordou, por unanimidade, cancelar as contas que o Concello ten en Novagalicia Banco se a fins de marzo, data comprometida pola entidade, non se solventou o problema de tódalas persoas que teñen preferentes ou subordinadas. No vindeiro Pleno que se celebre ratificarase o acordo aludido.











