O Concello da Coruña eleva os danos na cidade a uns 700.000 euros
O Concello da Coruña cifrou en torno a uns 700.000 euros os danos na cidade causados polo paso do temporal o pasada fin de semana, aínda que o rexedor, Carlos Negreira, precisou que se trata dunha cuantificación “provisional”.
A preguntas dos xornalistas, cualificou de “modélica” a actuación de todos os efectivos que colaboraron no operativo, entre Policía Local, Bombeiros e Protección Civil, e agradeceu a súa actuación, así como a das empresas que colaboraron na reparación dos danos.
Negreira admitiu “certo fastío” pola capacidade do mar “de arrancar pedras e lastras”, en alusión aos danos que ocasionou o temporal no paseo marítimo, onde se levou varios metros de balaustrada.
“Todas as medidas de seguridade son poucas”, recalcou o alcalde coruñés, ante a chegada dun novo temporal entre este martes e o mércores.
Respecto aos danos na balaustrada, recordou que a quinta fase da reforma do paseo marítimo inclúe a supresión desta “nas zonas onde a auga pode chegar” e a situación no seu lugar de “bancadas”.











