O Concello da Coruña abre o prazo para inscribirse nos concursos de comparsas do Entroido 2014

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Cultura, xa empezou cos preparativos do Entroido 2014, unha das citas máis destacadas do calendario festivo coruñés. Neste sentido, informa de que se abriu o prazo de inscrición para os concursos de comparsas no tres modalidades: letra e música; vestiario e coreografías; e carrozas e que as bases xa poden consultarse na páxina web municipal (www.coruna.es).

As inscricións pódense realizar no IMCE (Casa Paredes, avenida da Mariña, 18) ou enviando a ficha correspondente a imce@coruna.es, antes das 14.00 horas do 21 de febreiro, excepto a inscrición da modalidade de letra e música, que a data límite está fixada para o día 14. A contía dos premios oscila entre os 150 e os 5.000 euros. O concurso de comparsas, incluído dentro da gala inaugural das Festas do Entroido 2014, celebrarase o 23 de febreiro, ás 18.00 horas, no auditorio da Ágora. A cabalgata, que discorrerá desde a avenida Alférez Provisional até a praza de María Pita, terá lugar o 1 de marzo, a partir das 17.30 horas. O Concello anima a todos os coruñeses a participar nas comparsas e destaca o alto grao de participación e implicación dos coruñeses nesta festa. 

Concurso de letra e música

Para participar na modalidade de comparsas débese achegar un texto escrito e arquivo sonoro dos dous temas a interpretar no concurso, formar unha agrupación dun mínimo de dez acodes e participar, disfrazadas para a ocasión, no desfile do día 1 de marzo. Nesta categoría, os premios oscilan entre os 150 e os 3.000 euros.

Concurso de carrozas

Poderán participar persoas e entidades que se comprometan a construír unha carroza e asistir con ela ao desfile; entendéndose como carroza unha estrutura de grandes dimensións e montada como unha seda e que respecte a normativa de seguridade. Neste caso, os premios oscilan entre os 200 e os 5.000 euros.

Concurso de comparsas na modalidade de vestiario e coreografía

Os participantes deberán de formar unha agrupación dun mínimo de 10 persoas e participar no desfile. Os premios nesta categoría oscilan entre os 200 e os 3.000 euros.

7 de febreiro de 2014 | 19:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.