O Concello da Cañiza comeza o ano apostando pola formación coa organización de varios cursos
Estas son algunhas das ofertas para este primeiro trimestre do ano. Cursos orientados á formación profesional con clases de inglés e clases para preparar a obtención do certificado dos catro niveis de Lingua Galega e tamén cursos pensados para disfrutar e entreterse como é o caso dos cursos de baile de salón, de pandeireta, de danza oriental, ioga e teatro. A oferta completase coa impartición de cursiños máis específicos como o de cata de viños, de restauración de mobles e tapizados, sobre a saúde ou patronaxe industrial.
Unha amplia variedade formativa organizada a través da Concellería de Cultura que se ve reforzada cos cursos específicos da Deputación de Pontevedra a través dos programas Pensa en ti e Actívate que na actualidade estanse impartindo no Municipio.
A Asociación de Mulleres en Igualdade da Paradanta, con sede na parroquia de A Franqueira, clausura este sábado, 22 de febreiro, o curso de baile tradicional concedido pola Deputación de Pontevedra a través do programa Pensa en Ti. Tamén A Deputación está impartindo na Casa de Cultura o 4º curso do programa Actívate dirixido preferentemente a persoas desempregadas. Nesta ocasión participan 23 veciñ@s no curso sobre técnicas de aseo e hixiene a persoas dependentes. Esta formación finaliza o vindeiro 7 de marzo.
Para ampliar información sobre as datas de celebración de cada un destes cursos, horarios, temarios e prezos, os interesados poden dirixirse á oficina de información xuvenil no primeiro andar da Casa de Cultura ou á Biblioteca Municipal.











