O Club Kaiak Tudense comezará este fin de semana a súa tempada oficial
O Club Kaiak Tudense comezará este fin de semana a súa tempada oficial de competicións coa súa presenza no Campionato Galego que se disputará en Verducido sobre a distancia de cinco mil metros. Os tudenses acoden a esta cita con 32 deportistas e o obxectivo de revalidar o título conquistado a tempada pasada. Tamén suporá un exame deportivo importante cando resta un mes para o Campionato de España que se celebrará en Sevilla.
Na categoría senior é onde o Kaiak Tudense faise forte e son moitos os nomes que loitarán polas medallas neste primeiro campionato autonómico. Iván Alonso, Diego Piña, Víctor Rodríguez yRubén Millán son os padeeiros con mais opcións. En muller sénior, Ana Varela e Carla Pérez son serias candidatas a conquistar as medallas, e en canoa sénior Manuel Garrido, David Costa e Óscar Graña son os que contan con máis opcións para conseguir as medallas.
Con este campionato o Kaiak Tudense inicia un mes en que afrontará catro competicións. Ademais do Campionato Galego, participará na prestixiosa Nelo Winter Challenge que se disputará en Portugal, o 1 e 2, e os días 8 e 9 en Verducido. Ademais, o equipo tudense deberá afrontar o 15 e 16 de marzo o Campionato de España en Sevilla. O Club Kaiak Tudense non ten confirmada a súa participación nesta competición debido aos graves problemas económicos que padece.











