O Club de Lectura de Poio propón, xunto á AELG, conmemorar o día de Rosalía de Castro agasallando cun libro en galego e unha flor

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPoio
A-
A+

Esta tarde, 19 de febreiro, ás 19:30 na escola do campo de Combarro, o Club de lectura de Poio coordinado pola Biblioteca Municipal e a concellaría de cultura, celebrará unha sesión extraordinaria de portas abertas con motivo da conmemoración do día de Rosalía de Castro, que se celebra no centenario do nacemento da poeta, o 24 de febreiro.

Realizarase unha lectura colectiva dunha escolma da súa obra poética, e unha audición de poemas musicados que 11 poetas galegas adicaron a Rosalía, recollidos no libro “Daquelas que cantan…”, publicado polo Patronato Rosalía de Castro.

Ademais, trasladan a proposta da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) que propón, con motivo do aniversario do nacemento da nosa poeta máis universal o 24 de febreiro a celebración do Día de Rosalía de Castro como unha xornada de celebración da nosa literatura promovendo entre a cidadanía o agasallo dun libro en galego e unha flor.

19 de febreiro de 2014 | 17:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.