O Club Cinania de Cangas organiza un torneo de dobres de tenis de mesa no pavillón de Romarigo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangasDeportes
A-
A+

O club de tenis de mesa Cinania organiza para o próximo sábado 1 de marzo un campionato de dobres no pavillón municipal de Romarigo. O evento, no que colaboran o Concello de Cangas e a Fundación Cangas Deporte, comezará ás 16.00 horas coa fase de grupos e estímase que conte coa participación de máis de vinte parellas chegadas de toda Galicia. Dende a organización destacan que a cita deportiva terá un marcado carácter festivo, “xa andamos pola décima edición” comentan, “e sempre o realizamos nas datas de Entroido aproveitando o parón no calendario de competicións” aclaran. Haberá premios para os tres primeiros clasificados con productos típicos do Entroido sendo o premio para a parella gañadora dunha estancia dunha noite no hotel Airiños. O prazo para inscribirse remata o próximo xoves 27 de febreiro as 22.00 horas. Todos os interesados deberán dirixirse ao teléfono 692.029.107 ou ao correo electrónico cinaniatm@hotmail.com.

25 de febreiro de 2014 | 11:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.