O clarinetista internacional Vicent Alberola dirixirá o “Concerto Sinfónico” da Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra
O ciclo PonteClásica continúa o vindeiro mércores 19 da man da Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra, esta vez contanto cun director convidado: O clarinetista de fama internacional Vicent Alberola. Cunha carreira que iniciou grazas o seu avó cando só tiña 9 anos, realizaou os seus estudos de clarinete no Conservatorio Superior de Música de Valencia e no Royal Conservatoire de Antwerpen. Froito da súa formación e o seu incansable afán por acadar novas metas e a súa prolífica carreira como solista e colaborador nas mellores orquestras do mundo.
Vicent Alberola é na actualidade Clarinete Principal da “Orquesta Sinfónica de Madrid” e da “Orquesta Dissonances” de París. Foi membro da Joven Orquestra del Mediterráneo. Clarinete Principal da Orquesta Sinfónica de Galicia durante 12 años (1991-2003), colaborou con a New York Philarmonic Orchestra, a Royal Concertgebow de Amsterdam, a Mahler Chamber Orchestra, a Luzern Festival Orchestra , a MMCK Tokyo Orchestra, la Orquesta de Cadaqués, a Ópera de Antwerpen, etc.
O clarinetista, que dirixirá á Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra o mércores 19 ás 21:00 horas no Auditorio do Pazo da Cultura, reúne todas as cualidades que convirten a un gran músico nun director excepcional. O Teatro Real e a Ópera de Perm foron algúns dos escenarios onde se posicionou coma un dos xoves directores con máis futuro do panorama internacional.
As entradas para o concerto xa están á venda anticipada en servinova a un prezo de 10€ (gastos incluídos) e 8€ para estudantes, parados e xubilados. No caso de non esgotarse, o mesmo día 2h. antes na billeteira











