O Circuito Corre Con Nós levará aos participantes á zona de Ombreiro para unha nova proba
Este domingo 16 de febreiro terá lugar unha nova proba do Circuito Corre Con Nós que ademais estrea circuito na zona do Paseo de Ombreiro. A carreira que agarda reunir a 1.200 atletas, é a terceira proba puntuable para os adultos e a cuarta para os menores.
Esta proba, cun percorrido de 6.000 metros, é unha das máis duras do Circuito debido as súas constantes pendentes.
Dará comezo ás 12.00 horas para os máis pequenos da categoría mini sendo os diferentes horarios e distancias:
– 12:00 catg MINI , 340 metros e 324 inscritos.
– 12:10 catg A, 650 metros e 402 inscritos.
– 12:20 catg B, 1.000 metros e 293 inscritos.
– 12:30 catg C, 2.000 metros e 142 inscritos.
– 12:45 ADULTOS, 6.000 metros e 1.934 inscritos.
Tanto a saída como a chegada será dende o aparcamento da Canteira, ao lado do estadio de fútbol Anxo Carro, punto no que se fixará a liña de meta. O aparcamento oficial para esta proba estará situado no Centro Comercial Carrefour que cedeu as súas instalacións para a ubicación dos vehículos de participantes e acompañantes.











