O CIM de Gondomar acolle un curso de Dinamización da empresa a través de internet e as redes sociais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+

A Concellaría de Igualdade a través do Centro de Información á Muller dá comezo ás accións formativas presenciais co curso de Dinamización da empresa a través de internet e as redes sociais.

O curso, dirixido preferentemente a 15 mulleres de Gondomar, conta cunha formación de 60 horas distribuídas do seguinte xeito:

. Módulo I (20 h): ofimática básica e internet

. Módulo II (20 h): expansión da empresa en redes sociais

. Módulo III (20): supostos prácticos empresariais

Esta acción formativa desenvolverase dende o 11 de marzo ata o 14 de abril.

As persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición, ata o 5 de marzo, no CIM do municipio debendo presentar o DNI, volante de empadroamento, tarxeta de desemprego e currículum.

Máis información no teléfono 986 389 355 ou no correo aio@concellodegondomar.com

19 de febreiro de 2014 | 12:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.