O ciclo «Voces cálidas para noites de inverno» continúa co concerto de Silvia Penide y los Animales
O Concello de Oleiros organiza o próximo sábado día 15 de febreiro ás 20.30 horas no auditorio do complexo cultural A Fábrica o concerto de Silvia Penide y Los Animales. Esta actuación enmárcase no ciclo Voces cálidas para noites de inverno. A cantante e compositora Silvia Penide, acompañada da súa banda Los Animales (Fernando Lamas: batería, Rubén Barros-Deschamps: guitarra, Fran Castro: teclado e Serxio Moreira: piano) presentará temas do seu último disco Animal de compañía, un traballo persoal, íntimo, atrevido e cheo de letras duras e maduras. As entradas poñeranse á venda unha hora antes do inicio dos espectáculos a un prezo de 2,5 euros.











