O ciclo ‘Libros en directo’, no Ágora da Coruña, presenta o último traballo de Eduard Punset

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCalendario
A-
A+

O Concello da Coruña, a través da área de Cultura que dirixe Ana Fernández, informa de que o luns 24 de febreiro, o ciclo Libros en directo contará coa participación de Eduard Punset que presentará o seu último traballo, ás 20.30 horas, no auditorio da Ágora. Esta iniciativa, pretende traer á cidade aos autores máis relevantes da actualidade editorial para que os lectores poidan coñecer, en directo, o seu traxecto vital e creativa, así como os detalles da obra en cuestión.

Así, a través dunha conversación co director do ciclo, Pedro Ramos, Punset falará da súa última obra: A viaxe de Alicia (Destino, 2013). Este novo libro, co subtítulo da vida e a ciencia fúndense na historia máis emocionante pretende, segundo o autor, romper a dualidade emoción – razón.

Grazas á súa periodicidade mensual e á calidade dos autores invitados, Libros en directo conseguiu xa na pasada edición situar á cidade no mapa estatal das presentacións de libros, consolidar a Ágora como o espazo de referencia para as actividades literarias de gran nivel, e satisfacer a curiosidade do amplo espectro de lectores da cidade.

Unha das novidades para esta nova tempada é a elaboración dun díptico onde se resumirá a traxectoria dos autores invitados acompañada de algúns fragmentos da obra en cuestión. A distribución deste material farase, inicialmente, nos clubs de lectura e nas Bibliotecas Municipais, centros sociais da cidade ou calquera outra entidade que o solicite e, posteriormente, no posto de venda de libros na entrada do teatro do centro Ágora.

O acceso ao ciclo é gratuíto até completar aforamento.

8 de febreiro de 2014 | 12:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.