O certame de escultura Francisco Asorey de Cambados estará dotado cun premio de 6.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambados
A-
A+

Un primeiro premio de 6.000 euros e dous accésits é a dotación prevista para o certame de escultura que se vai celebrar en Cambados a vindeira primavera, dentro da programación de actos con motivo do 125 aniversario do nacemento do escultor Francisco Asorey. Ocertamevaise convocar axiña, destinado a xóvenes artistas galegosou que residan en Galicia. Este foi un dos acordos que adoptouhoxe a comisión organizadora desta conmemoración, reunida na sala de xuntasdo edificio da oficina de turismo do Concello.

Naxuntanzacompareceron a presidenta da asociación cultural Asorey, Maria del Carmen Asorey, o alcalde de Cambados, Luis Aragunde, o presidente de honor da comisión, José Manuel Asorey, o director do Museo de Pontevedra, Carlos Valle, o secretario da asociación cultural Asorey, Vicente Pérez, e o escultor cambadés Manolo Paz.

A asociación vinculada á familia Asoreysegue realizando as xestións pertinentes,tanto en España como en América, para intentar traer diversas obras relevantes do “escultor da raza”, as cales enriqueceríana magna exposición que o próximo verán vai ter lugar en Cambados. A mesmaentidade ten localizadas algunhas tallas que son inéditas para o gran público e están sendo catalogadas para incluilas –con permiso dos seus propietarios- nadevanditamostra.

No transcurso da reunión propúxosedarlle á exposición do verán un carácter didáctico, con visitas guiadas para estudiantes e aportación de material divulgativo que sería distribuido entre o profesorado dos institutos de ensino medio.

A comisión ten previsto contactar de seguido coa Xunta de Galicia para procurar que o Goberno autonómico se integre na organización e colabore coa mesmanas distintas actividades que se programen. Tres organismos que xa confirmaron a colaboración con este proxecto cultural foron a Deputación provincial de A Coruña, a obra social dunhaentidade bancaria, e a Organización Nacional de Ciegos (ONCE), que aportou ideas para que os invidentes poidan disfrutar da exposición dedicada ó grande escultor galego.

Nesteencontroestudiáronse distintas vías de financiamento cara ódesenvolvemento de actividades culturaisnesteano 2014, polo 125 aniversario do nacemento de Asorey en Cambados. Entre as actividades previstas a Universidade de Santiago (USC) quere organizar cursos de verán dedicados á figura de Asorey, ademáis de afrontar iniciativas académicas.

14 de febreiro de 2014 | 20:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.