O Centro Neural de Gondomar acollerá unha charla para obter o título de manipulador de alimentos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+

O vindeiro martes 25 de febreiro de 2014, celebraran no Centro Neural de Gondomar, unha charla para a obtención do título de manipulador de alimentos, que se entregará o mesmo día, necesario en todas aquelas actividades vinculadas directa ou indirectamente co contacto de produtos alimenticios. O curso dará comezo ás 16:30 horas; aínda hai prazas vacantes, polo que todos aqueles que desexen participar, deberán porse en contacto coa Asociación de Empresarios do Val Miñor no teléfono 986-36 67 30, ou inscribíndose no local da Asociación situado na Praza de Rosalía de Castro, 3 Baixo (Nigrán)

23 de febreiro de 2014 | 10:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.