O CEIP Paradai gozou coa visita de técnicos e xogadores do Azkar Lugo FS

Visita dos xogadores do Azkar Lugo aos escolares
Na mañá deste xoves, os xogadores do Azkar Lugo FS Chano, Iago Rodríguez, Mendiola e Aranburu, xunto cos técnicos Diego Ríos, Marcos Pereira e Xabi López, visitaron aos alumnos de 5º e 6º de primaria do CEIP Paradai da capital lucense. Durante máis de dúas horas os alumnos do centro escolar puideron dialogar, aprender e gozar xunto aos membros do club quenes quixeron levar o deporte como ferramenta de vida en idades tan novas como son as destes escolares.
Así de 12:00 a 14:00 horas os alumnos disfrutaron con dúas actividades. Repartidos en dous grupos, os alumnos puideron gozar con varias actividades, co fútbol sala como testemuña, no pavillón polideportivo do centro. Alí xunto a Marcos Pereira, Iago Rodríguez e Mendiola, e supervisados polo técnico Diego Ríos, ambos grupos puideron gozar de varios xogos. Doutra banda e nunha das aulas do centro, o preparador físico Xabi López foi o encargado de explicar aos alumnos como se desenvolve o traballo de preparación do equipo, hábitos saudables, a necesidade de realizar deporte e ademais tendo en conta a progresión dos xóvenes que chegan á élite e que compaxinan os estudos co deporte. Alí Aranburu e Chano xunto con Diego Ríos contestaron ás preguntas do alumnado.
Xa ás 14:00 horas, ambos grupos reuníronse no ximnasio do centro para despedirse de todos os integrantes do Azkar Lugo FS quenes sortearon diferente merchandising do club, asinaron autógrafos e fotografáronse xunto a todos os asistentes.











