O Carballiño suprime os colectores subterráneos da Praza de Abastos para eliminar un foco de insalubridade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+
Restos acumulados

Restos acumulados

O concello do Carballiño decidiu suprimir os colectores subterráneos situados na parte traseira da Praza de Abastos e desta forma eliminar un foco de insalubridad e malos cheiros que veñen desde o mesmo momento da súa inauguración no ano 2007. Segundo apuntan desde o concello carballiñés, estes colectores subterráneos alagábanse cada pouco tempo, debido a unha mala execución do proxecto de construción dos mesmos. Tamén lembraban desde a consistorial que en numerosas ocasións tívose que arranxar o sistema de elevado dos colectores, que fallaba en numerosas ocasións.

Precisamente a pasada semana o propio alcalde carballiñés estivo presente no proceso de baleirado destes colectores, que unha vez máis se alagaron, comprobando o feito de que eran pouco operativos e, aínda peor, un foco de malos cheiros imposible de atallar. Por iso tomouse a decisión de selalos definitivamente, e recolocar na zona colectores de superficie que, ao mesmo tempo, serán máis operativos para os profesionais da Praza de Abastos, e de maior facilidade para o seu baleirado e limpeza.

O concello remitiu un escrito á Praza de Abastos para dar a coñecer esta decisión municipal aos profesionais que traballan nela.

Os colectores subterráneos foron polémicos na vila desde que a consellería de Medio Ambiente anunciase a súa creación no Carballiño no ano 2007, provocando entón protestas por parte de comerciantes e veciños afectados polos mesmos.

3 de febreiro de 2014 | 18:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.