O Carballiño propón implantar un Grupo de Emerxencias Supramunicipal na comarca

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

Argimiro Marnotes, alcalde do Carballiño, enviou un escrito á Xunta de Galicia, a Deputación de Ourense e á Fegamp, no que solita a estas institucións a creación dun Grupo de Emerxencias Supramuncipal, que dea cobertura a toda a comarca do Carballiño. O alcalde destaca no seu escrito que existen intencións de crear este tipo de grupos comarcais. De feito foron destinados á provincia de Ourense 6, aínda que só implantáronse 5, ao ser rexeitado polos concellos de Baños de Molgas e polo de Maceda.

Argimiro Marnotes engade que O Carballiño conta con localización, medios técnicos e humanos, para asumir este grupo comarcal que aínda falta por implantarse dentro dos plans da Xunta de Galicia.

Marnotes lembra no seu escrito que desde o ano 1997 O Carballiño conta cun servizo profesional de atención de emerxencias, o Grumir, financiado a cargo de distintas axudas da Xunta de Galicia,  e por fondos de orzamentos municipais.

Tamén sinala o rexedor carballiñés que este grupo, integrado dentro do servizo municipal de Protección Civil, atende todas as emerxencias que se producen tanto no municipio do Carballiño como nos restante municipios da comarca (Beariz, Boborás, O Irixo, Piñor, san Amaro, Maside, Punxín, e San Cristovo de Cea), e mesmo noutros concellos de fóra da comarca, colaborando co 112.

O próximo 27 de febreiro terminará o contrato dos doce integrantes da estrutura renovable do GRUMIR, quedando só operativos o tres traballadores da estrutura estable, contratados a cargo dos orzamentos do propio concello do Carballiño, así como do persoal voluntario da agrupación na medida das súas posibilidades e dispoñibilidade.

Por último Marnotes lembra que en toda a comarca non existe un servizo destas características, e dado que o futuro parque comarcal de bombeiros non estará operativo até o segundo semestre deste ano, os 28.891 habitantes da comarca terán que asumir o risco de afrontar as consecuencias de non dispor de ningún servizo que atenda as emerxencias que lles poidan afectar.

Por todo iso o alcalde carballiñés solicita o citado grupo de emerxencias comarcal, integrado por doce operarios, para ou que o concello do Carballiño comprométese a conveniar este servizo nas mesmas condicións  que o resto dos concellos beneficiarios.

1 de febreiro de 2014 | 14:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.