publicidade hoxe

O Carballiño inicia un novo obradoiro de emprego

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoborásO CarballiñoSan Amaro
A-
A+

Os concellos do Carballiño, Boborás e San Amaro, asinaron un convenio para solicitar un novo obradoiro de emprego, que ofrecerá traballo e formación a 39 veciños deste tres localidades. Baixo o nome de Agrupación Carbosam, solicitouse á Xunta de Galicia 4 módulos de formación, dúas dos cales estarán o O Carballiño (albanelaría e carpintaría), e os outros dous un en Boborás e outro en San Amaro. En cada un destes módulos traballarán 8 alumnos, aos que hai que sumar o cadro directivo e docente, formado por un director, 5 profesores-monitores, e un administrativo.

Os traballos que se desenvolverán no Carballiño centraranse, principalmente na recuperación do patrimonio etnográfico en zonas como A Uceira e Mudelos, onde se restaurará o lavadoiro, en Sa onde se recuperará o forno comunal, e os accesos ao cemiterio parroquial de Señorín.

O investimento da Xunta de Galicia neste obradoiro será de 284.269 euros, sendo a a portación dos concellos duns 43.000 euros, dividido entre o tres. A posta en marcha está prevista para este exercicio de 2014, e o seu prazo de actuación será de seis meses. A inversión neste obradoiro supera os 300.00 euros. Os traballos en San Amaro serán a rehabilitación da escola de Anllo, e en Boborás a recuperación dunha ruta de sendeirismo.

 

10 de febreiro de 2014 | 17:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.