O Camiño Portugués a Santiago será obxecto dunha xornada en Tui

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTui
A-
A+

A Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia – Norte de Portugal, a Eurocidade Tui – Valença e a Axencia Turismo de Galicia organizan este sábado unha xornada sobre o Camiño Portugués a Santiago, no Salón de Actos da Aula UNED, no antigo Convento de San Domingos, en Tui. Celebrarse entre ás 9.30h e ás 14h.

Co obxectivo de potenciar o desenvolvemento do Camiño Portugués e valorar as oportunidades de dinamización dos recursos patrimoniais e turísticos da Eurorexión Galicia-Norte de Portugal que o camiño ofrece, o programa da xornada abranguerá mesas redondas de debate e a presentación do libro de actas do IV Encontro sobre os Camiños Portugueses a Santiago.

O alcalde de Tui Moisés Rodríguez, e o presidente da Cámara Municipal de Valença, Jorge Salgueiro serán os encargados, ás 10h, de abrir esta xornada xunto á directora Xeral de Turismo da Xunta de Galicia, Nava Castro. 

13 de febreiro de 2014 | 19:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.