publicidade hoxe

O C.D. Boiro asegura que nunca se comprometeu con “Krusadas Boirenses”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoiroDeportes
A-
A+

Ante o comunicado publicado no día de onte, martes 12 de Febreiro pola peña “Krusadas Boirenses” na súa páxina web oficial, a directiva do Clube Deportivo Boiro quere deixar claro:

Primeiro: Aclarar que a directiva do C.D. Boiro NUNCA se comprometeu con “Krusadas Boirenses” a conseguir as entradas gratis para os partidos nos que o Boiro debuta como visitante, polo cal, no se produce ese “incumplimento da actual directiva dos acordos aos que se chegaron na reunión”.

Segundo: A peña “Krusadas Boirenses” pedía á directiva, con condición excepcional por ser unha “peña”, que lle rebaixasen o custo do carné á metade, lle realizase descontos na cantina e lle conseguise entradas gratuitas para todos os encontros nos que o C.D. Boiro actuase como visitante. Ademáis, o coordinador da peña solicitou un carné persoal a custe cero por “xestionar todos os carnés de socio dos integrantes de Krusadas Boirenses”.

Terceiro: A Directiva do C.D. Boiro non está disposta, baixo ningún concepto, a realizar ningún tipo de diferenzas entre esta peña e o público asistente a Barraña e demáis socios cada fin de semana xa que, dunha ou outra forma, todos apoian ao equipo e corpo técnico. A Directiva considera así que as solicitudes formuladas por “Krusadas Boirenses” son IMPOSBILES de sonseguir.

13 de febreiro de 2014 | 10:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.