O C.C. Arousa celebra a chegada do Entroido cunha festa infantil temática
Crear orixinais disfraces ou monicreques móbiles, participar en divertidos xogos de axilidade ou gozar dunha entretida sesión de maquillaxe de fantasía son algunhas das actividades infantís das que poderán gozar os máis pequenos no Centro Comercial Arousa no mes de marzo. Desenvolveranse todos os sábados e terán lugar na Sala de Xogos da 2ª planta.
Con motivo da celebración do Entroido, a primeira xornada (sábado 1 de marzo, de 17:00 a 20:00 h.) estará dedicada á creación de disfraces. Os nenos pasaranllo en grande confeccionando as súas propias caretas e traxes personalizados. Despois, gozarán dun entretido baile de disfraces e unha sesión de xogos musicais.
O día grande de Entroido festexarase no centro comercial o venres 7, no que se desenvolverá unha festa infantil temática, entre as 18:30 h. e as 20:30 h., na Boleira Park -3º planta- . De acceso libre até completar aforamento, a celebración incluirá un espectáculo composto por divertidos xogos interactivos, guiados por monitores especializados.
O sábado 8 (de 17:00 h. a 19:00 h.), os máis pequenos aprenderán a converter as súas mans en fantasiosos animais para, a continuación, participar en entretidas pequenas sesións de teatro onde eles guionizarán a historia. Ademais, terán a oportunidade de maquillar as súas caras como a dos seus personaxes favoritos da man dun maquillador.
A elaboración dun instrumento de percusión como é o caso dun pau de choiva, utilizado xeralmente para crear efectos de son ambiente, marcará a temática do taller do sábado 15 (de 17:00 h. a 20:00h.), mentres que o sábado 22 (de 17:00 h. a 19:00 h.) os nenos poderán dar renda solta á súa imaxinación e creatividade confeccionando os seus propios monicreques móbiles.
A actividade programada para o sábado 29 (de 17:00 h. a 20:00h.) renderá homenaxe ao teatro, coincidindo coa celebración do seu Día Internacional esa mesma semana. Os nenos enfrontaranse ao reto de representar o conto do tres cerditos. Para iso, terán que preparar o vestiario e a caracterización dos personaxes, así como todos os elementos necesarios para pór en marcha a función. Ao terminar, divertiranse participando en xogos de axilidade como substitucións ou carreiras de culleres, entre outros.











