O borrador de Orzamentos de Ourense supera en máis de 6,7 millóns o prorrogado de 2013

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOurense
A-
A+

O concelleiro de Economía e Facenda, José Ángel Vázquez Barquero entregou esta mañá aos grupos políticos da oposición, así como aos medios de comunicación, a proposta de Orzamentos do Concello de Ourense para o ano 2014. Na presentación ante os medios, o concelleiro esgrimiu a evolución do Orzamento no referido aos capítulos de gasto, e entregou o capítulos de ingreso e gastos propostos no Orzamento para o exercicio 2014.

A proposta ascende a un total de 101.352.350 euros, o que supón un incremento de máis de 6,7 millóns de euros -un 7,1% máis- con respecto ao orzamento prorrogado de 2013 (94.633.307 euros), e en máis de 1 millón de euros o orzamento aprobado en 2012 (100.255.452 euros).

O borrador de Orzamentos deseñado, permitirá ao Concello de Ourense manter as políticas fundamentais postas en marcha polo goberno municipal desde fai seis anos, nun escenario xeral de recesión e restrición do gasto público. Outra das claves nas que se asenta a proposta é, segundo Vázquez Barquero, o incremento do esforzo inversor do Concello de Ourense. Así, se as inversións reais orzamentadas en 2012 eran de 3.873.000 euros, no novo escenario ascenden ata os 5.113.000 euros.

No referido ao endebedamento do Concello, a débeda viva do Concello situouse, a 31 de decembro de 2013, nun total de 47,5 millóns de euros. Esta cifra supón a diminución de máis de 10,5 millóns de euros de débeda no exercicio 2013. Neste senso, o borrador de orzamentos de 2014 propón unha amortización de préstamos por valor de 4.363.000 euros, aos que se engadirán amortizacións adicionais unha vez finalizada a liquidación do orzamento 2013.

Teito de gasto

Na elaboración do borrador, a primeira aproximación o cálculo do teito de gasto non financiero se estimaba en 90,6 millóns de euros, cifra compatible coa proposta presentada. Nun segundo cálculo do teito, éste se estima en 80 millóns de euros, excedendo nuns 11 millóns os límites fixados na Lei de Estabilidade Orzamentaria do 2012. A propia lei contempla esta posibilidade, establecendo para este caso a necesidade de elaborar un plan económico financiero, cuestión que será plantexada ao Pleno do Concello.

28 de febreiro de 2014 | 17:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.