publicidade hoxe

O Boiro volve á senda da victoria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoiroDeportes
A-
A+

Vibrante, intenso, emocionante, debutado… Eses serían algúns dos adxetivos cos que se podería describir o partido xogado na tarde de hoxe no municipal de Barraña. Sobre o céspede víanse as caras o Boiro de Gelucho como local e o Cultural Areas de Fonsi Valverde que, a pesares de chegar ao Barbanza na penúltima posición, non deixou de loitar para facerse coa victoria.

De feito o primeiro tanto chegou pouco despois do primeiro cuarto de hora, cando Beni conseguiu bater a Mackay despois de rematar un córner. O Boiro desaproveitaría varias ocasións no que quedaba de partido e chegaría o descanso cos locais perdendo 0-1.

Á volta do descanso o adestrador local, Gelucho, apostaría por Adrián Armental no lugar que ocupaba Javi Pérez. Armental daríalle un impulso ao equipo e, un minuto despois da súa entrada, o clube de Barraña, por mediación de Padín, anotaría o tanto do empate e abriría así a lata dos goles do conxunto barbanzán.

Os de Fonsi Valverde, conscientes de que o Boiro lle daría problemas na segunda metade, conseguiron anotar o gol que os volvería a poñer por diante no minuto 49 despois de Cuadrado batese a Mackay nunha contra. Tan só trece minutos despois sería o dianteiro de Noia, Iván González, o que volvería a poñer táboas no tanteador tan só tres minutos despois de saír para sustuir a Pedro.

Co resultado de 2-2 no minuto 62, o conxunto de Barraña abriu definitivamente a lata dos goles. Hugo Soto marcou o 3-2 grazas a unha asistencia de Rubén Márquez no 67. Mentres que no minuto 81, a falta de nove para a finalización do encontro, sería a quenda de Julián, que anotou o tanto definitivo grazas a un centro de Adrián Armental.

Cabe destacar a expulsión de Carlos Pereira no minuto 76 por dobre vermella, xa que ésta incidencia perxudicou, como é normal, ao Cultural Areas.

O Boiro sitúase así na segunda posición da táboa clasificatoria, mentres que o Cultural Areas sigue na décimo novena posición.

FICHA TÉCNICA

C.D. Boiro: Mackay, Paco, Javi (Armental, min. 48), Cardeñosa, Rendo, Pedro (Iván, min. 59), Rubén (Julián, min. 72), Bendaña, Hugo, Padín e Anxo.
Cultural Areas: Adrián, Samuel, Sito, Cañi, Bruno, Fonseca, Carlos Pereira, Víctor Besada, Cuadrado (Álex, min. 80), Juán Feijóo (Couso, min. 71) e Arenas.
Árbitro: Formoso Sánchez, de Ferrol. Amonestou, por parte dos locais a Javi Pérez e Anxo e, por parte dos visitantes, a Carlos Pereira, Víctor Besada, Cuadrado, Arenas e Couso.
Incidencias: Municipal de Barraña, 200 persoas. Gardouse un minuto de silencio en memoria da avóa de Marcos, xogador do primeiro equipo.

16 de febreiro de 2014 | 22:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.