publicidade hoxe

O Boiro consegue un empate con sabor a pouco en Santa Isabel

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoiroDeportes
A-
A+

Baixo unha meteoroloxía inestable na que predominaban os chubascos intermitentes e sobre un céspede encharcado por zonas como consecuencia do tren de borrascas que está a sacudir Galicia comezaba, ás catro e media desta tarde, un partido que se aveciñaba como os máis interesantes da xornada pois se enfrontaban o Grixoa, como local e ocupando o posto de pechacancelas e o Boiro, como visitante e en categoría de líder da Terceira.

Cando aínda moitos dos afeccionados boiristas desprazados á capital de Galicia non tomaran asento, Padín e Anxo crearon a primeira e máis clara oportunidade do Boiro na primera metade. A xogada daríase tan só trece segundos despois de que o colexiado encargado de dirixir o encontro, García Parada, sinalase o pitido inicial. Padín roubaría o balón a tres metros do medio do campo e deixaría o esférico en mans de Anxo que intentou bater, sen éxito, ao cancerbeiro local.

A partir de ahí o Grixoa comezou a presionar sen crear demasiado perigo á zaga boirista, pois os dianteiros do conxunto de Santa Isabel non chegaron a meterse dentro da área de Ian Mackay.

Co resultado de 0-0 chegou o descanso, no cal nin Gelucho nin Oreiro realizaron cambios e seguiron coas mesmas alineacións.
Xa na segunda metade sería Dani Moto o encargado de inaugurar o tanteador no minuto 61 poñendo así o 1-0.

Hugo Soto tería varias oportunidades ao longo da segunda metade, pero o goleador do conxunto de Gelucho sería Anxo grazas a un penalti provocado por Adrian Padrón.

Anxo puxo así, tras bater a Brais, o 1-1 definitivo no electrónico. O Boiro seguiu a insistir no ataque, pero o conxunto de Gelucho non foi quen de conseguir facerse cos tres puntos.

Cabe destacar tamén un tanto anulado a Hugo Soto despois dunha falta sacada por Padín no minuto 92.

Ficha técnica

S.D. Grixoa: Brais, Diego Peña, Dani Conde, Cholo, Adrián Padrón, Guille, Losada (Buba, min. 57), Mon, David Nogueira, Brais Calvo e Dani Moto (Rubén, min. 71).

C.D. Boiro: Mackay, Paco (Armental, min. 57), Marcos, Cardeñosa, Rendo, Pedro, Anxo, Iván, Hugo Soto, Padín e Javi Pérez (Julián, min. 57).

Árbitro: García Parada, do comité arbitral de Pontevedra. Amonestou, por parte dos locais a Guille (min. 22), David Nogueira (min. 55) e por parte dos visitantes a Paco (min. 32).

Goles: 1-0 Dani Moto, min. 61., 1-1 Anxo, min. 65.

Incidencias: Campo Municipal de Santa Isabel, en Santiago de Compostela. Cuns 250 espectadores na grada. Choivas intermitentes e o campo presentaba encharcamento nalgunhas zonas debido ós temporais de vento e choiva que se están a azoutar Galicia nos últimos días.

9 de febreiro de 2014 | 20:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.