O BNG ve “lóxico” que a xuíza pida datos sobre sancións de tráfico na Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+
E.P.

O portavoz do Grupo Municipal do BNG no Concello da Coruña, Xosé Manuel Carril, considera “lóxico” que a titular do Xulgado de Instrución número 1 de Lugo, Pilar de Lara, pida ao goberno local documentación sobre expedientes relativos a sancións de tráfico.

Sobre esta petición, Carril asegurou que apoia as solicitudes da xuíza “con independencia das responsabilidades penais que puidesen existir”. “Caia quen caia”, engadiu.

Tamén considerou “comprensible” que a xuíza solicite datos e informacións “de face a posibles responsabilidades penais que puidese ou non haber, na medida que se está na fase de instrución”.

Xunto á documentación sobre sancións de tráfico, para determinar si foron anuladas, a xuíza autorizou que Vixilancia Aduaneira teña acceso a datos fiscais e da Seguridade Social dunha decena de persoas en relación aos seus contratos no grupo Vendex.

26 de febreiro de 2014 | 17:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.