O BNG insta a Carlos Negreira a dar “explicacións políticas”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+
E.P.

O Grupo Municipal do BNG no Concello da Coruña volveu a instar o rexedor coruñés, Carlos Negreira, a “asumir consecuencias” e a dar “explicacións políticas” pola ‘Operación Pokémon’ e os imputados do Consistorio coruñés na rama ‘Pikachu’.

Nun comunicado, acusa o alcalde da Coruña de actuar baixo o principio de “deixar facer, deixar pasar”. Así, repróchalle tentar “protexer aos seus e non dar conta da súa actuación, despois de que se coñeza con todo tipo de detalle a implicación de cargos públicos do goberno local”, apunta.

Os nacionalistas insisten en que do sumario “evidénciase que algúns cargos públicos desenvolveron actuacións con fins espurios e isto implica asumir consecuencias e explicacións políticas de inmediato por parte do alcalde”, apostila.

Por outra banda, responsabilízalle de confundir “intencionadamente responsabilidade penal con responsabilidade política”, cando son cuestións totalmente diferentes, para non tomar ningunha medida respecto das persoas implicadas”, sentenza.

14 de febreiro de 2014 | 19:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.