O Azkar recibe ao Umacón Zaragoza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLugo
A-
A+

Tal e como sucedía a semana pasada ante Manacor, nesta o Azkar Lugo FS enfróntase a un rival directo, dos chamados da súa liga, e é que mañá sábado (18:00 horas – Palacio Municipal dos Deportes de Lugo) os lucenses reciben a visita do Umacón Zaragoza, equipo ao que os galegos adiantan en tres puntos na clasificación. Será polo tanto un novo reto para os azuis que queren seguir gañando os seus duelos directos.

Na primeira volta zaragozanos e lucenses xa demostraran a súa igualdade, aínda que o 1-1 final en terras mañas non fixera xustiza ao visto sobre o parquet xa que a escadra pronista amosarase desafortunadísima en ataque mandando varios balóns aos paus. Mañá os galegos queren repetir sensacións mostradas o pasado fin de semana, onde unha boa defensa só lle fixo encaixar un gol e ademais en ataque amosouse máis efectivo. E é que por aí pasan as opcións dos lucenses, saben que irse a un marcador longo non lles convén e como sempre cando se enfrontan ao Zaragoza deberán desarbolar esa defensa en zona que suscitan os aragoneses.

Para este choque os lucenses chegan con xogadores sendo dúbida nas últimas horas como seguirá sendo a do capitán Aranburu ata os momentos antes do choque. Por parte do conxunto maño Cristian Santabarbara é baixa como nos anteriores choques.

Convocatorias:
Azkar Lugo FS: Óscar Iglesias, Cospe, Diego Núñez, Cuco, Jandri, Antonio Diz, Aranburu, Chano, Mendiola, Iago Rodríguez, Adrián e Álex Diz.
Umacón Zaragoza: Arturo, Catela, Álvaro Nieto, Víctor Tejel, Richi Filipe, Duato, Retamar, Carlos García, Abel, Luchi, Keny e Sato.

Histórico de enfrontamentos en 1ª división en Lugo:
Vitorias Azkar: 4.
Vitorias Zaragoza: 6.
Empates: 1.

Tempada 12/13: 2-3.
Tempada 11/12: 2-3.
Tempada 10/11: 1-4.
Tempada 09/10: 6-4.
Tempada 07/08: 5-2.
Tempada 06/07: 10-3.
Tempada 05/06: 2-2.
Tempada 04/05: 3-4.
Tempada 03/04: 2-4.
Tempada 02/03: 5-3.
Tempada 00/01: 3-5.

28 de febreiro de 2014 | 17:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.