O Azkar Lugo venceu na Fonsagrada nun encontro amistoso benéfico
O Azkar Lugo FS xogou no día de hoxe unha vez máis en A Fonsagrada. O club nunca esquece a súa vertente social e no día de hoxe colaborou neste partido no que se realizou unha recolleita de alimentos a favor da Asociación Cáritas. Os lucenses promocionan o deporte alá onde van e hoxe acudiron á localidade da montaña lucense para disputar este amistoso.
O choque disputouse en dúas partes de 25 minutos corridos e foi un espectáculo para os afeccionados que se achegaron ao recinto deportivo fonsagradino. O primeiro periodo finalizaría con 1-2 no marcador logo de dous tantos dos capitalinos que foi contrarrestado por Borja antes do intermedio. Tralo paso por vestiarios o Azkar amosou a súa superioridade e acabou vencendo por 1 gol a 5 nun partido que serviu aos de Diego Ríos para seguir mellorando e probando cousas de cara ao reinicio da liga que se producirá o sábado 15 de febreiro coa visita á cancha do Magna Navarra.
Ficha técnica:
Ribeira A Fonsagrada 1: Jorge, Lobeiras, Quique, Borja e Silván, -cinco inicial-, Víctor, Pérez, Javier e Alejo.
Azkar Lugo 5: Óscar Iglesias, Cristian, Cuco, Chano e Zala, -cinco inicial-, Antonio Diz, Cospe, Iago Rodríguez, Álex Diz, Miguel e Yago Balsa.
Árbitros: Álvarez López e Suárez Blanco (Lugo). Amonestaron con tarxeta amarela a Cristian e Iago Rodríguez (Azkar).
Incidencias: partido amistoso e Benéfico a favor de Cáritas. Pavillón A Fonsagrada. Uns 200 espectadores.
Goles: 0-1 min. 8 Iago Rodríguez, 0-2 min. 15 Zala, 1-2 min. 19 Borja, 1-3 min. 26 Cristian, 1-4 min. 41 Miguel e 1-5 min. 47 Cospe.











