O Azkar Lugo retoma a liga con baixas, pero con ilusión, en Pamplona
Tras semanas esperando o momento, a que o fútbol sala volva á competición oficial, mañá sábado (18:30 horas – Pavillón Anaitasuna) faio para un Azkar Lugo que visita a cancha do Magna Navarra dentro da 21ª xornada de liga. Pista que trae bos recordos aos lucenses xa que en Pamplona o pasado ano estes aseguraron a permanencia a varias xornadas do final de liga e fai dúas conseguiron unha importante vitoria que foi o comezo da remontada cara ao obxectivo de manter a categoría.
Navarros e lucenses protagonizan un bonito duelo e no que ambos queren sumar os tres puntos en busca dos seus obxectivos. Os locais para seguir enganchados a esa quinta praza que ocupan agora mesmo con 28 puntos e os galegos para dar un paso máis cara ao seu obxectivo da permanencia e poder mirar cara arriba esquecéndose do de abaixo. Os de Imanol Arregui pese ao seu inicio titubeante, lograron o pase para a Copa de España e ademais lideran o grupo perseguidor dos catro primeiros que abriron brecha na táboa.
A noticia negativa para o choque por parte dos lucenses chega no amplo parte de baixas. Rubén Mouriz, Mendiola, Jandri e Diego Núñez perderanse o choque por lesión. Pola súa banda o Magna Navarra afronta o choque con todo o seu plantel ao completo.
Convocatoria:
Azkar Lugo: Óscar Iglesias, Cospe, Cuco, Antonio Diz, Aranburu, Chano, Iago Rodríguez, Cristian, Adrián, Álex Diz, Yago Balsa e Zala.
Histórico de enfrontamentos en 1ª división en Pamplona:
Vitorias Magna Navarra: 7 Vitorias Azkar Lugo: 4 Empates: 1
Tempada 12/13: 5-5.
Tempada 11/12: 1-6.
Tempada 10/11: 4-3.
Tempada 09/10: 6-4.
Tempada 08/09: 5-2.
Tempada 07/08: 1-2.
Tempada 06/07: 6-4.
Tempada 05/06: 5-2.
Tempada 04/05: 3-4.
Tempada 03/04: 3-6.
Tempada 02/03: 11-3.
Tempada 00/01: 7-3.











