O Azkar Lugo pasa a semifinais da Copa Xunta tras eliminar ao Esteo
O Azkar Lugo FS conseguiu esta tarde o pase ás semifinais da Copa Xunta de Galicia tres eliminar na rolda de cuartos ao O Esteo de As Pontes. Os lucenses, que comezaron nesta rolda a defender o título conseguido o pasado ano, decidiron nunha segunda parte no que si viron porta tras uns primeiros vinte minutos de pouca fortuna na que os lucenses non estiveron finos.
A primeira parte arrincou co lóxico dominio dos lucenses e coas mellores ocasións para os lucenses, pero estas non acababan en gol e co empate no marcador os ponteses crecíanse animados polo seu público. No ecuador do primeiro acto a ocasión máis clara para os azuis nun man a man de Chano que Chotto detiña e posteriormente os locais gozaban de dous disparos que respondía con dúas boas paradas Mendiola. Cando parecía preto o gol dos pronistas, o O Esteo daba a sorpresa xusto antes do descanso co gol de Héctor que significaba o 1-0. Cospe ao bordo do descanso estaba a piques de facer o empate, pero ao intermedio mandaban os de As Pontes.
No inicio do segundo periodo o Azkar Lugo saía a por todas, buscando voltear a eliminatoria canto antes e así o demostrou co gol de Álex Diz definindo con calidade ante Chotto e o de Cuco tras pase de Zala sen deixala caer e batendo ao meta local con vaselina (1-2). O partido cambiaba de cor e agora o Azkar era o que esmagaba. Os locais seguían coa súa defensa do mesmo xeito que no primeiro periodo a media cancha para saír á contra, e así chegou o empate, cunha vertixinosa contra de O Esteo ao minuto 28 (2-2). Pero de novo os lucenses non darían lugar á dúbida e en dous minutos e con dous goles de Antonio Diz a eliminatoria collía clara cor azul (2-4 min. 32), o primeiro ao finalizar un saque de banda e o segundo nun man a man con Chotto despois de que Adrián lle dese un pase con calidade tras realizar unha ruleta. Os verdes buscaron a reacción co porteiro-xogador, fixérono xa cando quedaban aínda seis minutos para a conclusión, pero os azuis defenderon á perfección a superioridade e non pasaron problemas. Só a dous minutos e tras cometer a sexta falta, Rober Paz desde o punto de dobre penalti púidolle poñer emoción, pero o seu disparo foise ao pau. Mendiola a un minuto do final cun gol de portería a portería sentenciaba a eliminatoria (2-5).
Ficha técnica:
O Esteo 2: Chotto, Gerve, Héctor, Bolly e Rober Paz, -cinco inicial-, Pelu, Gerardo, Franin e Diego Pellón.
Azkar Lugo 5: Mendiola, Cospe, Álex Diz, Chano e Antonio Diz, -cinco inicial-, Zala, Adrián, Cuco, Cristian e Diego Rodríguez.
Árbitros: Naray Álvarez e Rivas Fouz (Viveiro). Amonestaron con tarxeta amarela a Rober Paz (O Esteo) e a Álex Diz (Azkar). Incidencias: eliminatoria de cuartos de final da Copa Xunta de Galicia. Pavillón Municipal de As Pontes. Preto de 500 espectadores.
Goles: 1-0 min. 19 Héctor, 1-1 min. 22 Álex Diz, 1-2 min. 23 Cuco, 2-2 min. 28 Gerardo, 2-3 min. 31 Antonio Diz, 2-4 min. 32 Antonio Diz e 2-5 min. 40 Mendiola.
O Azkar Lugo súmase así ás semifinais da Copa Xunta de Galicia para as cales tamén se clasificou o Cidade de Narón que eliminou ao Noia. Os outros dous semifinalistas sairán das eliminatorias entre O Parrulo Ferrol – Burela Pescados Rubén e Pazos de Borbén – Santiago Futsal.











