O Azkar Lugo irá a pola vitoria ante Manacor
Empatados a puntos na clasificación (16), Hospital Llevant Manacor e Azkar Lugo enfróntanse mañá venres (20:30 horas – Palma Arena) en busca dunha vitoria que lles leve cara a outra parte da táboa que non sexa ocupar os últimos postos clasificatorios. Os lucenses, aínda coas boas sensacións do martes pese a quedar apeados da Copa do Rei a mans de ElPozo, queren traducir ese xogo á liga e así volver gozar dunha vitoria na competición doméstica.
Os números de mallorquíns e galegos son case idénticos. Ambos suman 4 vitorias, 4 empates e 12 derrotas, e o mesmo número de goles encaixados (81). Só o número de goles a favor diferéncialles: o Azkar anotou 56 e o Manacor 52. Estatísticas separadamente, os galegos quererán sumar unha nova vitoria en liga e así quitarse o mal sabor de boca da primeira volta cando caeran na capital lucense ante os de Tomás de Dios (2-4). Será un partido a priori igualado, como marca a clasificación, e que seguramente os pequenos detalles volvan primar e decanten o signo do partido. A concentración novamente durante os 40 minutos, básica.
Para este encontro os lucenses seguen contando coas mesmas baixas que no partido de Copa do pasado mércores, as de Rubén Mouriz, Diego Núñez e Jandri.
Convocatoria:
Azkar Lugo: Óscar Iglesias, Cospe, Cuco, Antonio Diz, Aranburu, Chano, Mendiola, Iago Rodríguez, Adrián, Álex Diz e Zala.
Histórico de enfrontamentos en 1ª división en Mallorca:
Vitorias Hospital Llevant Manacor: 2.
Vitorias Azkar Lugo: 1.
Empates: 1.
Tempada 12/13: 4-4.
Tempada 11/12: 9-7.
Tempada 10/11: 4-1.
Tempada 08/09: 3-4.











