O auditorio municipal de Cangas acolle a exposición “El universo para que lo descubras”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

Unha nova actividade enmarcada dentro do programa de divulgación científica “Ciudad Ciencia”  no que participa o Concello de Cangas chega hoxe ao noso municipio. Trátase da exposición “El Universo para que lo descubras” que se poderá visitar ata o día 20 de febreiro na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal de Cangas.

Esta exposición está comporta por un total de 34 cadros que se dividen en catro capítulos temáticos: O Sistema Solar (9 cadros), Estrelas e Nebulosas (7 cadros), Galaxias ( 7 cadros) e Universos (8). Cada un dos cadros vai acompañado por unha cartela na que se identifica a obra e a súa explicación.

O obxectivo desta mostra fotográfica é achegar a astronomía ao público a través de imaxes obtidas con satélites e telescopios situados en diferentes países.

A exposición foi coordinada polos membros da  Área de Cultura Creativa do CSIC Pilar Trigueras, Jaime pérez de Val e Laura Ferrando González.

Dende o Concello de Cangas séguese apostando por este tipo de actividades enriquecedoras, neste caso no ámbito científico. En concreto esta exposición xestionouse en  colaboración coa petición dos centros escolares cangueses na reunión mantida co equipo coordinador de “Ciudad Ciencia” en Cangas, presidido polo concelleiro de medio ambiente Jesús Graña, quen anima a todos os veciños e veciñas a visitar esta exposición que non deixará indiferente a ninguén.

Próximas actividades

O vindeiro 20 de febreiro o Cangas acollerá outra actividade do programa “Ciudad Ciencia”, promovido polo Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) e a Fundación Obra Social La Caixa.  Trátase da conferencia “El universo ¿conocido?” a cargo de Emilio José García do Instituto de Astrofísica de Andalucía (IAA, CSIC) dirixida aos nenos e nenas de 5º e 6º curso de primaria e 3º e 4º curso da ESO.

12 de febreiro de 2014 | 19:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.