O Auditorio de Vilagarcía acolle unha xornada de sensibilización en conciliación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

“A conciliación en tempos de crise, as persoas como protagonistas”. Este é o título da xornada de sensibilización que mañá, mércores, se celebrará no auditorio municipal, dende as 10 da mañá e ata as 14:30 coincidindo cun novo intercambio da experiencia europea Equilibrio-Balance, na que participan municipios noruegos e españois, entre eles Vilagarcía. Tralo feito nestes anos, o Concello traballa nun Pacto Local pola Conciliación.

A xornada de mañá, aberta ao público, contará con diversos expertos, como un catedrático de dereito do traballo, e distintos puntos de vista, como sindicalistas ou empresarios. Igualmente, técnicos municipais explicarán tres experiencias municipais que inciden na conciliación entre traballo e vida privada: Conciliatardes, o Banco do Tempo e o Plan de Igualdade municipal. Por último, representantes de Cambre e Verín –os dous concellos galegos que, con Vilagarcía, participan no programa europeo Equilibrio-Balance- relatarán como afrontan este reto dende a súa perspectiva municipal.

A xornada de sensibilización comezará ás 9:45 horas coa benvida institucional e a partir das 10:00 arrancará xa o encontro propiamente dito, co seguinte programa:

10.00-10.45. Relatorio Marco: “A conciliación: un obxectivo de cambio social”. Jaime Cabeza Pereiro, catedrático de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da Universidade de Vigo.
10.45- 11.45. Mesa redonda. Organizacións Sindicais:
– Rosa Abuín Rodríguez. Responsable da Secretaría de Igualdade da CIG.
– Montserrat Rodríguez Arribas. Vicepresidenta da CSIF en Pontevedra.
– Mónica Rodríguez Ponte. Secretaria de Igualdade, Xuventude e Movementos Sociais da UGT
– Pilar Seoane Vázquez. Portavoz de CC.OO na Comisión de Igualdade no Ministerio de Emprego e membro da Comisión executiva do sindicato en Galicia.

11.45-12.10. Descanso.
12.10-12.50. Mesa redonda. Organizacións Empresarias e Asociación de Autónomos:
– Autónomos de Galicia, AUGA. Lisardo Domínguez Rodríguez. Secretario xeral e Mª Jesús González Paradela, directora do departamento xurídico.
– FECA. Jose Luís Vilanova García, presidente.
–  Zona Aberta. Zulema Fresco López, xerente.

12.50-14.30. Experiencias Locais:

– Plan de Conciliación do persoal do Concello de Vilagarcía de Arousa. Área de Igualdade.
– Banco de Tempo. Área de Igualdade, Concello de Vilagarcía de Arousa.
– Conciliatardes. Departamento de Servicios Sociais. Concello de Vilagarcía de Arousa.
– CEFRICO, Plan de Igualdade. Consuelo Somoza Piñeiro. Delegada de CC.OO.
– Xogoteca no noso cole. ANPA Dr. Fleming do CEIP Anexo A Lomba. Alicia Pérez Aller, Elsa Pérez Fernández e Ana de Lorenzo Aída.
– Conciliación en Verín. Ana Mª Núñez González, Psicóloga do CIM, e Mª Carmen Serrano Fernández, Directora e Traballadora social do CIM de Verín.
– Concilia Cambre. Mª Pilar Andújar Larios. Departamento de Educación, Concello de Cambre.

18 de febreiro de 2014 | 19:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.