O alcalde monfortino reunirase cos comerciantes que participaron no Mercado das Oportunidades
O alcalde de Monforte reunirase mañá cos comerciantes locais que participaron no Mercado das Oportunidades, celebrado a pasada fin de semana na Praza de Abastos.
Severino Rodríguez quere coñecer de primeira man as impresións dos comerciantes sobre a súa participación no Mercado. Escoitar as súas opinións sobre a organización e o desenvolvemento do Mercado das Oportunidades, o que se fixo ben e o que se pode mellorar, así como recoller propostas que poidan incrementar a participación do comercio local nos Mercados da Praza de Abastos.
A reunión celebrarase ás 16:00 horas do xoves día 20 na Casa do Concello.











