O Alcalde de Narón solicita á responsable de Tráfico a mediación para habilitar dous carrís-bici na Trincheira e Río do Pozo

Reunión coa responsable de Tráfico
O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, recibíu hoxe a visita institucional da Xefa Provincial da Dirección Xeral de Tráfico (DGT), Mª Victoria Gómez Dobarro, quen acudíu a Narón para coñecer máis a fondo o programa de Educación Vial que desenvolve dende fai anos o Concello de Narón nos centros escolares do municipio. Posteriormente, a Xefa Provincial de Tráfico da DGT visitou, acompañada polos responsables municipais, o CEIP de A Solaina, pioneiro no programa de educación vial.
O equipo de Educación Vial do Concello presentoulle á Xefa Provincial da DGT a relación de actividades que se promoven dende este programa, que conta co respaldo da Concellería de Educación Vial de Narón, da Policía Local e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil. Os responsables destas tres unidades (o concelleiro Guillermo Sánchez Fojo, o xefe da Policía Local Eduardo Pita, e o xefe de Protección Civil Rafael Pazos) tamén participaron na reunión, así coma o presidente da Federación Galega de Autoescolas, José Manuel López Marín.
Un dos temas abordados foi o proxecto de creación dun Cortometraxe de animación, relacionado coa educación en valores e a educación viaria, que está tratando de realizar o equipo de Educación Viaria. Esta proposta require dun financiamento aproximado de 90.000€ xa que o cortometraxe se realizaría coa técnica de stop motion, grazas á cal os persoaxes deseñados con plastilina cobrarían vida. Dende o Concello pedíuselle á responsable provincial da DGT o seu apoio para a creación e difusión desta iniciativa.
O Alcalde de Narón aproveitou a xuntanza para solicitar a colaboración da DGT no proxecto de creación de dous carrís-bici en sendas estradas de Narón, cuxo titular é o Ministerio de Fomento:
–Carríl bici no arcén da F 11 (estrada de A Trincheira) para unir o paseo de A Gándara co paseo de Xuvia, o que permitiría conectar a través da bicicleta ambos espazos peatonais.
–Carril bici no arcén da F 12 (estrada que conecta o polígono de Río do Pozo), para fomentar o uso da bicicleta como medio de transporte para os traballadores do parque empresarial, e poder ir tamén ó campo municipal de fútbol de Río Seco. Neste caso habería que habilitar as beirarrúas do polígono para o seu uso compartido entre os ciclistas e os peóns.











