O 93% das firmas presentes na Feira de Antigüidades e Artesanía da Estrada son galegas
O próximo día sete de marzo, o recinto feiral estradense, inaugurará o calendario feiral 2014, coa celebración do seu primeiro certame: 4ª Feira de Oportunidades e 43ª Feira de Antigüidades e Artesanía.
Será ao catro da tarde, cando o recinto abra as súas portas ao público, producíndose a inauguración oficial ás 18.00 horas. O acto inaugural, estará presidido pola Directora Xeral de Comercio, Sol María Vázquez Abeal quen, impartirá un relatorio sobre “O Comercio: Regulación e novos retos”, na que, a Directora Xeral, exporá aos presentes, as diferentes liñas de actuación do comercio, así como, unhas reflexións sobre o futuro recente e as novas tendencias do sector comercial.
Este primeiro certame, irrompe no calendario feiral estradense cun total de oitenta asinas expositoras que ocupasen máis de 7.400 m2 de superficie expositiva. A Comunidade Autónoma de Galicia, achega o 93% das firmas presentes, levándose a palma a provincia de Pontevedra co 68%, seguida da da Coruña co 16%. Lugo e Ourense súmanse á mostra cunha representación do 8% e 1% respectivamente. Tan só un 7% dos expositores, chegarán procedentes do resto da península Ibérica.
Este certame, con respecto á edición anterior, recolle un incremento en canto a firmas expositoras do 14%. O 34% das firmas, situarase no pavillón número cinco do comercio local, seguido polo 30% do pavillón seis, onde se situarán as antigüidades, o 28% no pavillón tres onde haberá unha ampla mostra de artesanía, enxoval, bricolaxe, ferraxaría e automoción (venda de vehículos seminuevos e de ocasión). No pavillón catro, cun 8% de firmas, situarase o sector de mobiliario, relax e descanso.
As firmas de mobiliario presentes serán: Mobles Pouse Mato, Nattex A Estrada, Mobles Reboredo, Mobles Val do Vexa, Artest, Juar Interiorismo e I.E.S. Antón Losada (Ciclo de Madeira).
Pola súa banda, o resto do comercio engloba un total de vinte e cinco firmas máis: Electrodomésticos Rei, María do Castro, The Basic, Carnicería Cobas, Píkaros Kids, Bambú, Treixa, Innova Ópticos, Salón de Beleza Espazo Belo, Andaina Zapatería, Aurora Sport, Co-Prevent, Moksin, Fogar Rústico, Calpep Bebé, Tiko Doco, Lambonadas, Marxe Libraría, A Tenda de Fraber, Deportes Prieto, Gran Vía Nenos, Mariña Boufer, A Soutelana, Libraría Faro e A.C.Ou.E.
No certame e en colaboración con varias das firmas presentes, realizará un sorteo de cinco vales de compra por importe de cincuenta euros cada un. Os sorteos, realizaranse a razón de dúas o sábado e tres o domingo ás vinte e unha horas no pavillón catro.











