O 2 de marzo celebrarase o II Trofeo Internacional de Pentatlón Moderno Cidade de Lugo
O domingo 2 de marzo celebrase en Lugo o II Trofeo Internacional de Pentatlón Moderno Cidade de Lugo, primeira proba clasificatoria para o Campionato de España de Idades. Participarán pentatletas de Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco e Portugal.
A proba de natación terá lugar na Piscina Municipal de Frigsa e comezará ás 10:00 horas. A combinada (carreira e tiro) e a esgrima disputaranse no Pazo Provincial (As Pedreiras). Todos os participantes competirán en natación e combinada (carreira e tiro), mentres que as categorías cadete, xuvenil e júnior farán ademais esgrima.
A organización corre a cargo da Federación Galega de Tríatlon e Pentatlón Moderno e do Club A.D. Tri-Penta Terras de Lugo. Esta proba estaba previsto inicialmente que se celebrara en Burgos, pero ante a imposibilidade dos organizadores de poñela en marcha, Galicia ofreceuse a celebrala nun tempo récord.
Na convocatoria temos as ausencias de Raul Blanco (concentrado en Barcelona) e Cristóbal Rodríguez (que se atopa en Acapulco competindo), pero o resto dos pentatletas galegos estarán competindo en Lugo neste inicio de tempada.











