O 10 de marzo inícianse as obras de humanización das rúas Nova e Retrama de Cangas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

As obras de reposición de servizos e pavimentación nas rúas Nova e Retrama comezarán o próximo de 10 de marzo. Sen embargo dende os servizos municipais xa se está informando as propietarios das vivendas e dos locais das rúas afectas de que deben retirar todo o material mobiliario que poida obstaculizar os traballos. Neste senso cabe sinalar que os próximos días 6 e 7 de marzo comezarán os preparativos procedendo ao marcado dos servizos existentes e a realización de by-pass das acometidas domiciliarias de abastecemento para garantir o perfecto funcionamentos dos servicios durante a realización das obras de humanización.

Estas actuacións supoñen un investimento de 211.499,15 euros financiados pola Deputación de Pontevedra. Nun principio as obras comezarán na rúa Nova para despois continuar coa rúa Retrama, sen embargo non hai tomada unha decisión definitiva ata rematar co traballos previos a realización da obra. O traballos consistirán na apertura de gabias e na retirada da pavimentación existente. Comprobarase o estado actual do saneamento o cal se prevé obsoleto e con fugas así como a rede de abastecemento procedéndose a súa reposición. Deixaranse previstas as conexións para casa unha das vivendas que dan fachada a rúa para que poidan conectarse por vía soterrada ás novas canalizacións entre as cales están os servizos de gas, telefonía, electricidade, rede de sumidoiros, pluviais e canalización para o  alumeado público. Finalizados estes traballos procederase ao recheo con formigón lixeiramente armado con mallazo para posteriormente proceder á colocación da nova pavimentación en pedra de granito con 6cm de espesor de calidade e dureza suficiente como para que non colla verdín nin produzca esvaróns. Tamén recolle a substitución das luminarias actuais  por novas similares as instaladas recentemente noutros puntos do casco vello.

Por outra banda o goberno local xa ten preparados dous proxectos para as rúas Pablo Iglesias e Antonio Garelly. No primeiro dos proxectos recolle entre outras actuacións na reparación do alumeado público coa colocación de novas lámpadas e luminarias de baixo consumo enerxético, a reposición da rede de abastecemento de todos os servizos e a pavimentación do solo con pedra. Actuación esta presupostada en 197.408,64 euros.

O proxecto para a rúa Garelly contempla diversas actuacións entre as que se atopan a substitución das instalacións de saneamento, abastecemento e iluminación e a pavimentación cun selado de pedra similar ao que locen ás rúas adxacentes. En total traballarase nunha zona de aproximadamente 385.30 metros cadrados. Esta iniciativa está presupostada en 218.323,20 euros.

O goberno local trata con estas iniciativas “humanizar estas rúas, melloralas e ganalas para o uso dos cidadáns de a pé, xa que a súa proximidade coa Alameda Vella e o Mercado Municipal as converten en lugares moi transitados”. Os servizos técnicos municipais están traballando nun proxecto de urbanización das rúas do barrio do Outeiro do casco vello de Cangas.

28 de febreiro de 2014 | 18:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.