Novos cursos de lingua galega preparatorios das probas Celga 1, 2, 3 e 4 en Mos
Dende a concellería de Formación e Emprego do Concello de Mos que dirixe o edil Óscar Soto, e co obxecto de facilitar á poboación do municipio mosense a súa cualificación e mellora da súa empregabilidade, este departamento anuncia a tódolos veciños e veciñas a apertura do prazo de preinscrición para a participación nos cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3, e Celga 4, que convoca a Secretaría Xeral de Política Lingüística, con carácter voluntario e gratuíto.
Os Celga serven para certificar un coñecemento de galego a efectos de requisitos ou méritos laborais e académicos. Dende a concellería de Formación e Emprego anímase a tódalas persoas en situación de desemprego, ou con interese en optar a unha mellora de emprego, que realicen o curso e as probas, xa que é un elemento que lles facilita a incorporación a determinados traballos ou cursos de formación ocupacional.
Tódolos interesados e interesadas poden preinscribirse nos cursos ata o 21 de febreiro. Para ampliar información a este respecto poden dirixirse á área de Emprego do Concello de Mos, situada no edificio do CDL (Centro de Desenvolvemento Local), chamar por teléfono ó número 986487786 ou enviar un e-mail o enderezo de correo electrónico orientacion.laborall@concellomos.es.











